Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlío

Novas Aulas TIC.

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria, xa poden desfrutar dende principios deste curso escolar 2016-17  de aulas TIC, contando cun proxector interactivo, ordenador portátil  e conexión a internet en cada aula. Cada día o noso centro se atopa máis preto da completa dixitalización das aulas, para achegar os mellores recursos que faciliten a  formación dos nosos alumnos e alumnas.

Ler máis

Xornadas Informativas sobre TDAH.

Informamos que o noso centro colabora coa asociación INGADA nas “Xornadas Informativas sobre Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH)” que se se celebrarán o vindeiro venres día 30 de setembro, ás 16:30 horas no Salón de Actos do noso Colexio. Lembrade que todos/as os que queirades acudir estades invitados, é de balde pero necesítase apuntarse con anterioridade no seguinte e-mail:  ingadainfo@gmail.com. Estas xornadas están […]

Ler máis

Información sobre a Ludoteca.

No seguinte enlace poderedes informarvos sobre o funcionamento do Servizo de  Ludoteca do Colexio para o curso escolar 2016-2017. Máis información aquí.

Ler máis

Comezo do Curso Escolar 2016-2017.

O vindeiro luns, día 12 de setembro do 2016, comeza o curso 2016-2017 para os alumnos/as de Educación Infantil e Educación Primaria, o horario será de 9:00 h a 14:00 h (agás os nenos/as de 3 anos de Educación Infantil). Ese día os pais/nais/titores dos máis pequenos/as os poderedes acompañar ata as aulas para dar comezo ao curso. Os rapaces e rapazas de Educación Secundaria […]

Ler máis

Información sobre o Transporte Escolar Curso 16-17.

Estimadas familias informamos que o vindeiro mércores, día 7 de setembro , ás 16:00 h. Celebraremos unha reunión informativa para comunicar as xestións realizadas polo centro, no referente ao Transporte Escolar para o curso 2016-17. Esperamos ver a todas aquelas familias que esteñan interesadas no servizo. Moitas grazas e un saúdo.

Ler máis

Último Día entrega Fondo Libro.

Informamos que mañá, venres 22 de xullo será o último día para recoller o bono do fondo de libros e axuda para material escolar do curso 2016-17. De non ser así, poderedes pasar a partir do 22 de agosto a recollelo; debido a descanso vacacional do persoal de secretaria. Gracias e desculpade as molestias.

Ler máis

Listado Provisional de Axudas Libros en E. Primaria.

Aquí vos deixamos o Listado Provsional das Axudas de Libros  para o alumnado de Educación Primaria correspondente ao curso escolar 2016-2017. Ata o momento non dispoñemos do listado de ESO, que será publicado en canto dispoñamos del. Listado provisional de libros de texto.

Ler máis

Datas e Horarios dos Exames de Setembro para ESO.

Aquí tedes as datas e horarios dos exames de setembro para os rapaces e rapazas da ESO. Picar aquí.

Ler máis

Xa están aquí as Axendas do Curso 2016-17.

Xa temos a disposición de todos os nenos e nenas as axendas para o curso escolar 2016-2017, podedelas mercar na secretaria do centro no horario de verán ata a o 22 de xullo e a partires de setembro en horario habitual,  a un prezo de 4 euros. Esperamos que vos gusten. Mentres tanto feliz verán.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad