O noso colexio co Proxecto Abalar.

No colexio Jorge Juan, somos conscientes da importancia da implantación das novas tecnoloxías (TIC) nas aulas. Que os rapaces acaden unha axeitada competencia dixital, así como levar a cabo as innovacións educativas necesarias para mellorar a súa aprendizaxe, son os obxectivos que nos plantexamos. Tendo en conta isto, o pasado curso 2010/2011 solicitamos a inclusión do Centro no “Proxecto Abalar”. Dita solicitude foi aceptada e así, o presente curso 2011/2012, os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria terán a oportunidade de traballar nas súas aulas a través dun “espazo educativo virtual” que lles permita aproveitar os recursos da rede dun xeito organizado. Como dato máis destacable está a inclusión do “portatil do alumno/a” que será o seu novo caderno de traballo.

A nosa intención é dar un salto cara adiante no noso modelo educativo, avanzando coas demandas actuais da educación e integrar as TIC en tódolos ámbitos educativos do centro: alumnos, mestres e familias. Máis información en: Proxecto Abalar.