O Mundo do Baloncesto no noso Colexio.

Hoxe, luns 11 de maio tivemos unha visita moi especial ao noso Colexio, achegáronse dous “grandes” xogadores do clube Ferrol C.B. que milita na liga EBA. Estes xogadores que viñeron foron: Samuel Deguara, o xogador máis alto que compite nas distintas ligas españolas de baloncesto e Kane Chesktlouna, que ainda que un pouco máis baixo ,”comíanos as papas” a todos e todas. Estiveron asinando autógrafos e xogaron unhas “pachangas” cos nosos rapaces e rapazas. Unha mañá de moi alto nivel, e nunca millor dito.