O Gran Día Solidario do Colexio Jorge Juan.

O pasado sábado, 24 de maio, celebramos no noso colexio o Mercadillo, Carreira Solidaria e inaguramos a Exposición Científica. Antes de nada nos gustaría agradecer a participación e colaboración de todas as familias que dalgún xeito fixéchesdes que este evento teña sentido; tamén a tódalas entidades e establecementos que aportáchedes o voso gran de area neste proxecto, as asociacións benéficas que acudíchedes ao noso mercadillo; e como non, a Protección Civil e a Policía Local pola súa axuda.

Sen querernos olvidar de ninguén:  AGRADECEMOS A TODOS E TODAS A VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN.

Dende as 10 da mañá realizamos numerosas actividades e mostras. Comezando polas demostracións científicas e talleres.


Continuando coa Carreira Solidaria.

Exposición de Baile da Escola de Danza Suso Pérez Lago.

Exposición científica.

Subasta das obras de Arte realizadas polos nosos rapaces e rapazas, e sorteo de agasallos.

Un saúdo e agradecementos do Equipo de Mestr@s do Colexio Jorge Juan.

Galería de Imaxes e Vídeos.