O Colexio Jorge Juan en Radiofusión.

Unha pequena representación dos nenos, nenas e mestras do Colexio Jorge Juan, achegáronse esta mañá ata Radiofusión de Fene, para explicar e dar a coñecer a todas as persoas do Concello,  o Proxecto Solidario que imos a desenvolver ao longo deste curso escolar. Falaron da creación do Banco de Alimentos, o cal realizamos xa en dúas ocasións; así como tamén outras actividades que se realizarán en próximas ocasións (mercadillo, charlas, exposicións,…). Fixeron unha invitación a todas as persoas do Concello interesadas en colaborar con nós nestas actividades. Aquí podedes ver o enlace da nova que aparece na páxina de Radiofusión.