Novas Aulas TIC.

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria, xa poden desfrutar dende principios deste curso escolar 2016-17  de aulas TIC, contando cun proxector interactivo, ordenador portátil  e conexión a internet en cada aula. Cada día o noso centro se atopa máis preto da completa dixitalización das aulas, para achegar os mellores recursos que faciliten a  formación dos nosos alumnos e alumnas.