Educación para a Saúde en Infantil.

Este ano no primeiro trimestre decidimos realizar as “Xornadas de Educación para a Saúde”. Comezamos estas xornadas coa visita da “Doutora Sonrisa”, unha dentista moi especial, na que os nenos e nenas de 3 anos aprenderon moitas cousas sobre a nosa boca.

Continuamos os nenos e nenas de 4 anos visitando a farmacia de Fene, onde poidemos ver todas as cousas que alí poemos atopar. E rematamos coa visita dunha pediatra  (Guadalupe do Centro de Saúde de Fene) ao noso colexio para os nenos e nenas de 5 anos. A visita axudoulles a ter un acercamento cun médico, mostrándolles algunhos dos aparatos que habitualmente teñen na súa consulta e a intervir en algunhas das revisións máis habituais dunha consulta rutinaria. Foron unhas xornadas onde aprenderon moito sobre un xeito de vida saudable.

Máis datos aquí.