Mercadillo e Carreira Solidaria 2015.
O pasado sábado, día 6 de xuño do 2015, celebrouse no noso colexio o III Mercadillo e Carreira Solidaria. Antes de nada agradecer a todas as familias que participáchedes neste evento, a todas as entidades e establecementos que dun xeito ou outro tamén fixéchedes posible que conseguísemos o obxectivo desta festa, que se tratába de recadar fondos para colaborar con distintas asociacións e desfrutar dun bonito día de SOLIDARIDADE.
Ao longo do día, poidemos desfrutar dos distintos postos, onde se podía atopar diversas cousas: bazar, xogos, comida, plantas, complementos,… ata un hinchable onde desfrutar os máis peques.
Tamén tivemos un oco para os nosos científicos, que nos organizaron unha serie de experimentos e probas moi interesantes: volcáns, pompas de xabón, ovos voladores,…
A nosa exposición adicada a temática do Inglés, que foi o proxecto que desenvolvimos este curso no noso colexio.
Houbo un oco para que outros colectivos amosaran o seu traballo; como o clube de Artes Marciales Fene que nos fixo unha demostración do seu bo facer.
Outra das mostras foi a do grupo de baile do Colexio Jorge Juan, que nos fixeron desfrutar cos seus bailes.
E como non, un dos pratos fortes da xornada foi a nosa CARREIRA SOLIDARIA. Donde os nosos pequenos e pequenas, e non tan pequenos, nos amosaron a súa velocidade e ilusión por participar.
E para rematar o día, procedeuse a subasta dos valiosísimos cadros elaborados polos nosos nenos e nenas, vaia emoción e tensión que se viviu durante este momento. Ademais procedeuse ao sorteo de agasallos: do fin de semana, cestas, vales desconto, …. cedidos por un gran número de establecementos e entidades do noso Concello.
E por último, agradecer ao equipo de mestres e mestras que fixeron posible este gran día. Moitas grazas a todos e todas.