Mercadillo e Carreira Solidaria.

 

Por segundo ano consecutivo o Colexio Jorge Juan de Perlio organiza o ” II Mercadillo e Carreira Solidaria”, celébrarase o sábado 24 de maio. Este ano o proxecto no que traballan os nenos, nenas, mestres e familias e con motivo científico. O mercadillo comezará a partir das 10:00 h da mañá para rematar ás 14:00,nel poderás atopar diversos postos cos que colaborar. A Carreira Solidaria comezará ás 11:00 para rematar sobre as 12:30 h, poden participar todas as persoas que o desexen.

Tamén a partir do 24 de maio quedará aberta a Exposición Científica con todos os traballos sobre o Mundo da Ciencia que realizaron os rapaces e rapazas ao longo do curso.

ANÍMATE E VEN!!!