Magosto e Halloween 2014.

O pasado mércores, 29 de outubro, os alumnos e alumnas do Colexio Jorge Juan celebramos, o xa tradicional, Magosto; como novidade deste ano, e debido ao proxecto de lingua inglesa que desenvolveremos este curso, aproveitamos para celebrar tamén o Halloween.

Todos os rapaces e rapazas deste colexio realizamos distintas activiades ao longo da semana. Os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria participaron nunha mostra e exposición de cabazas.

Tamén por ciclos adornaron os corredores e aulas transformando o noso “cole” nun lugar un pouco terrorífico.

Os rapaces e rapazas de 3º ciclo fixeron un consurso de momias, onde transformaron aos seus compañeiros e compañeiras en seres de ultratumba.

E para rematar, como non podía ser de outra forma, comemos as ricas castañas e bailamos no patio ata a hora de marchar cara ás nosas casas. Foi un día “horriblemente” divertido.

Galería de Imaxes.