I Taller na Escola Infantil.

Onte, martes 27 de febreriro, a nosa Escola Infantil, dou un paso máis poñendo a rodar un novo proxecto. Nesta ocasión tratouse de facer un taller onde familias, nenos/as e mestras se xuntaron co obxectivo de desfrutar e aprender todos xuntos. O centro de interese foron os coñecidos tarros da calma de Maria Montessori, pero o máis importante da actividade foi a gran participación das familias e ver como todos e todas desfrutabamos da mesma.

Esperamos que esta sexa o primeiro paso dun proxecto, no que tentaremos poñer todo o noso esforzo e empeño. Agradecer a todas as familias que participaron na mesma e animar a aquelas que, por diversos motivos, non poideron participar.

Foi unha tarde fantástica que pasamos tod@s xunt@s. Moitas grazas!!!

Galería de Imaxes.