Finalización Programa TEI Curso 2016-2017.
Neste curso os alumnos e alumnas de 5º e 3º E.P. participaron no Programa TEI (Titoría Entre Iguais), no que a través de diversas actividades intentaron poñerse no lugar do outro. Neste período de formación, os alumnos e alumnas de 5º realizaron o labor de Titores dos alumnos e alumnas de 3º, intentado resolver os seus conflitos, problemas ou dúbidas de xeito respectuoso e sempre partindo do diálogo.
Todos pasaron por un proceso de formación no que a través de diferentes actividades coñecimos aos demais, expresamos os nosos sentimentos, intentamos resolver conflitos a través do diálogo, e fixemos un traballo de concienciación sobre a importancia de enfrontarnos todos xuntos ao acoso escolar, a combater as desigualdades e axudar aos demais.
Rematamos esta formación e participación no Programa TEI co recoñecemento a todos estes alumnos e alumnas polo seu esforzo, compromiso e actitude positiva, e facemos entrega de diplomas polo súa implicación.
Por un centro escolar respectuoso , un modelo de vida dialogante, unha actitude positiva para afrontar os problemas do mundo e unha maneira de proceder para vivir cada día alonxada das peleas e discusións.