Festival de Nadal – Primaria 2023

Festival de Nadal – Primaria 2023

Onte, xoves 21 de decembro, como despedida do primeiro trimestre, levamos a cabo o festival de Nadal para o alumnado de primeiro e segundo de primaria. As familias estiveron presentes como público neste evento especial.

O festival consistiu nunha representación teatral relacionada co Proxecto de Centro deste ano: “O bosque animado”. A obra, titulada “El árbol Miedoso”, foi representada polos alumnos do primeiro ciclo de Primaria, deixando a todos encantados.

Galería de imaxes

Video da representación

Video da canción de despedida