Festa fin de Trimestre na ESO.

Onte, como non podía ser doutro xeito os rapaces e rapazas de ESO, tamén celebraron o fin de trimeste, e para iso ademaís de organizar un pequeno mercado para recadar fondos para a excursión de fin de curso, tamén disfrutaron do concerto do grupo de música “Arredemo” que nos deleitou cuns míticos temas de rock&roll, os cales nos fixeron disfrutar ao máximo.

A continuación, os rapaces e rapazas de ESO, tamén gozaron dun momento de baile co “Just Dance”, onde dende  os máis pequenos de primaria ata os maiores da ESO moveron o esqueleto.

Foi unha boa mañá de entretemento e diversión.