Festa de Benvida

Ola familias:

Este venres, 9 de Outubro, faremos a Festa de Benvida. Como sabedes, dada a situación actual, as festas teñen que realizarse na aula, xa que somos “aula burbuxa”. Pero esto non impedirá desfrutar ao grande e facer unhas actuacións xeniais para recibir aos peques.
Tamén teremos flocos de millo, música e moita diversión coa compaña das nosas mascotas: Pipo, Peluxa, Plin e por suposto Pepiño.
Poderedes ver o ben que o pasamos na Web durante a fin de semana.
Aproveitamos para recordar que o luns e martes non haberá cole.

Un saudiño.

As mestras de Educación Infantil