Exposición Historia da Radio.
Sabiades que Nicola Tesla tivo que levar ante o Tribunal Superior de Xustiza dos Estados Unidos de América ao seu “colega” Guillermo Marconi por roubarlle a idea dun novo trebello que revolucionaría as comunicacións ao longo das décadas posteriores? Este aparato non era outro que a radio.
Estas cousas, e outras moitas, as traballamos durante estes días na aula. Aprendimos que as primeiras emisoras funcionaban con sulfuro de plomo (galena), que as primeiras radios que se popularizaron nos fogares eran enormes e non podían ser movidas dun lugar a outro, ou que as radios dos anos 50 funcionaban con lámpadas e válvulas… Hoxe en día, que xa somos capaces de trasladar as nosas radios nos petos, os antigos aparatos quedaron esquecidos e, aínda que moitos deles foron arranxados e todavía funcionan, os novos modelos son os que hoxe en día se utilizan, sobre todo a radio a través da Internet.
E para poder observar algún detalles, creamos unha pequeña exposición na que compartimos vellas reliquias, e outras non tan vellas, que nos axudaron a comprender mellor a evolución deste magnífico invento ao longo dos anos.