Exposición Fotográfica do Outono.

Estamos a organizar unha Exposición Fotográfica dentro das actividades de divulgación científica que promoverá o Colexio durante este curso 2013-14. As bases para participar no concurso xa se entregaron aos rapaces e rapazas do centro. Recordade que cada ciclo terá unha temática propia. O prazo final de presentación das fotografías será o 15 de novembro. Para máis información, non dudedes en poñervos en contacto cos titores. Posteriormente organizaremos a súa exposición. Animádevos a participar!!!!