Exposición Biodiversidade.

O pasado xoves, 28 de novembro, o Colexio Jorge Juan de Perlio, en colaboración co CCRD de Perlio, inagurou no Salón de Actos de dita entidade cultural, recreativa e deportiva a exposición titulada “Biodiversidade”. Dita exposición consta de dous ámbitos; o primeiro deles cosnta dunha exposición fotográfica realizada polos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria, cunha temática por etapa e ciclo diferente. O segundo ámbito consta dunha exposición de maquetas de células e de cogumelos realizados polos alumnos e alumnas de Educación Secundaria. Esta exposición é unha das primeiras actividades,  que o Centro quere amosar a todos e todas aquelas persoas que esteñan interesados, sobor do Proxecto Científico que estamos a traballar ao longo deste curso escolar.

Esta exposición permanecerá aberta ao longo do mes de decembro. Non perdades a oportunidade de visitala, a verdade que merece a pena ver o bo traballo realizado polos rapaces e rapazas.

Galería de Imaxes.