Excursión do 3º Ciclo de Primaria aos Museos da Coruña.

O pasado venres, 20 de decembro do 2013, os alumnos e alumnas do 3º ciclo de Educación Primaria, visitaron algunhos dos museos que se atopan na cidade da Coruña.

Antes de nada nos achegamos ao Monte de San Pedro onde poidemos desfrutar das fantásticas vistas, que dende alí se poden ver da cidade.

Despois, nos diriximos a nosa primeira visita, o Muncyt, Museo de Ciencia e Tecnoloxía, onde desfrutamos dunha visita guiada polas súas interesantes salas. Chamando moitísimo a atención a visita á cabina dun importante avión que alí poidemos observar. Vídeo sobre o traslado da cabina. Vídeo do Montaxe da cabina no museo.

Despois dunha reparadora comida, nos diriximos dando un bonito paseo cara o Museo do Home (Domus). Alí os distintos grupos nos que nos dividimos poidemos desfrutar de interesantes e divertidas actividades. Visitamos as salas do museo con numerosas actividades interactivas, fixemos unha disección dun corazón e poidemos desfrutar dun fime en 3D sobre a vida nos arrecifes de coral. Foi unha xornada moi interesante e entretida, unha boa forma de rematar o trimestre e comezar coas vacación de nadal.

Galería de Imaxes.