Excursión do 3º Ciclo de E.P. a Salou e Barcelona.

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo de Educación Primaria realizamos a pasada semana a nosa viaxe de Fin de Curso a Salou e Barcelona. O luns, día 17 de xuño salimos moi cedo dirección Salou, realizamos moitas paradas durante o camiño; unha delas foi en Burgos onde poidemos realizar unha rápida visita á cidade e coñecer algúns dos lugares moi interesantes desta cidade; como a catedral gótica e a estatua do Cid, ademais de xantar.

O martes, 18 de xuño, tocou almorzar cedo para dirixirnos a Barcelona, onde fixemos unha interesante visita guiada ao longo da mañá; coñecimos lugares moi fermosos da cidade: a Plaza de España, Montjuic ( as súas instalacións olímpicas), o porto, a vila olímpica, a Sagrada Familia, as casas de Gaudí,… Todo isto foi pola mañá, a tardiña dimos un paseo polas Ramblas ata estatúa de Colón para dirixirnos a Aquarium de Barcelona. Ao rematar a visita recorrimos parte do porto cara a porto olímpico, onde rematamos a visita probando as augas do mediterráneo. Á noite nos acercamos ao paseo e praia de Salou onde descargamos a pouca enerxía que nos quedaba para durmir ata o día seguinte.

O mércores, día 19 de xuño, chegou o desexado día, a visita a Port Aventura. Despois de almorzar nos diriximos ao parque onde disfrutamos un montón das atraccións ata á última hora da tarde. Á noite dimos o noso tradicional paseo pola praia.

O xoves, día 20 de xuño, outro novo día de diversión. Pola mañá fumos ao parque acuático onde nos mollamos todo o posible disfrutando ao máximo; pola tarde algúns quedaron no parque acuático un pouquiño máis e outros nos fumos ao parque de atraccións en busca de aventuras. Á noitiña paseo e últimas compras por Salou.

O venres, día 21 de xuño, chegou o día de regresar. Despois de almorzar collimos o autobús e camiño de Fene, realizando numerosas paradas, unha delas Logroño. O cansanzo se notaba nos pasaxeiros do autobús, foron uns días moi intensos que chegaban ao seu fin.

Galería de Imaxes.