Excursión de Fin de Curso 5º e 6º de Educación Primaria.

Informamos que dende os días 13 ao 17 de Xuño de 2016, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria realizarán a Viaxe de Fin de Curso a Portugal. O noso destino será o Parque de Pena Aventura, onde os rapaz@s realizaran unha serie de actividades ao aire libre e disfrutaran dunha interesante convivencia cos mestres e compañeir@s. Unha das máis impresionantes actividades que poderán disftutar é o Fantasticable, vos deixamos un vídeo para que poidades ver en que consiste. Adrenalina pura.

Outras actividades que farán, as podedes ver no programa da viaxe, como será a visita ao Aquapark de Vila Real ou a visita á cidade de Oporto.

Lembrar a todos os nenos e nenas que vaian participar na viaxe que deberán de solicitar  uns documentos necesarios para a viaxe, como son: o DNI (solicitude de cita previa) e a Tarxeta Sanitaria Europea (solicitude).

Agora esperar que chegue o día para comezar a viaxe.