Excursión de 3º e 4º de E.P. a Betanzos e arredores.

Este venres, día 12 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de E.P. fixeron a súa derradeira excursión  deste curso, pasando unha mañá de forma lúdica e educativa pola zona de Betanzos.

Primeiro foron todos xuntos ata o Parque do Pasatempo de Betanzos, onde puideron percorrer algúns pequenos túneles e onde disfrutaron desta experiencia, despois merendaron no xardín do parque para pasar os últimos 20 minutos xogando no parque.

A media mañá os alumnos de 3º dirixíronse á Casa de Wenceslao, e os de 4º ao Pazo de Mariñán para coñecer un pouco mais sobre unha parte da historia de Galicia. O alumnado de 4º de E.P puido contemplar tamén como rodaban unha película dentro do Pazo de Mariñán, algo moi novedoso para moitos deles.

Galería de Imaxes.