Excursión a Casa de Wenceslao e Parque do Pasatempo.

O pasado venres 11 de marzo, o alumnado de 3º de E.P. visitou a Casa Museo de Wenceslao Fernández Flores. Alí  estiveron moi atentos ás explicacións sobre a vida de este autor, de quen coñecen o libro “O bosque animado”,( que posteriormente pasou a facerse unha película de dita obra). Unha vez alí, non todo foi charla, senon que tiveron tempo para facer xogos populares, coñecer o pequeno bosque que está detrais da Casa de Wenceslao, aprendendo un pouco máis sobre as árbores quealí puidemos atopar. Finalmente fixeron unha ruta de sendeirismo pola beira do río ata o Muíño que está preto de alí.

Continuaron o día desplazándose ata o Pasatempo de Betanzos, onde xantaron no parque para despois xogar un rato, observar os patos e cisnes que hai por alí, e finalmente os tan ansiados túneles, onde pasaron a tarde explorando.
Todo un día repleto de información e diversión.