Excursión 3º e 4º de primaria

O alumnado de 3º e 4º de primaria visitamos o Museo de Historia Natural. As instalacións deste museo aprobeitan un antigo edificio militar. Todas as mostras que alí se atopan están feitas sen dano á Natureza, con doacións da Sociedade Galega de Historia Natural e tamén por parte de particulares.

Visitamos tamén Exponav, o Museo de Construcción Naval que se atopa no edificio de Herrerías. Alí coñecimos información dos Astilleiros, o armamento, materiais utilizados na construcción dos buques, sistemas de propulsión e incluso o interior de fragatas do S.XVIII e XXI.

Galería de imaxes