Excursión 3º Ciclo Educación Primaria.

Os rapaces e rapazas de 3º Ciclo de Educación Primaria, realizamos os pasados días 18,19, 20 e 21 de Xuño; a excursión de fin de curso con destino a Asturias.

Foron catro días onde poidemos apreciar a bonita paisaxe das terras de Asturias, e tamén poidemos realizar numerosas actividades ao aire libre. Todas elas, foron moi divertidas, aínda que o tempo non nos acompañou como a nosoutros nos gustaría.

Coñecimos cidades como Gijón, Oviedo; vilas como Ribadesella e Cangas de Onis, e outros paraxes de singular beleza: Olla de San Vicente, Covadonga, Lagos de Covadonga,…

E unha das actividades das que máis disfrutamos foi o descenso en canoa polo río Sella.

Galería de Imaxes.