Entrevista en Radio Fene sobre a xornada de portas abertas

Entrevista en Radio Fene sobre a xornada de portas abertas

O Colexio plurilingüe Jorge Juan de Perlío deu a coñecer esta semana as súas xornadas de portas abertas nunha entrevista no programa A Fenestra. A directora, Ascen Bravo, e a mestra de Educación Infantil, Cristina Rodríguez, explicaron na radio o funcionamento do centro e convidaron ás familias interesadas a achegarse para coñecer de primeira man a súa oferta educativa.

Durante a conversa destacaron que estas xornadas son unha boa oportunidade para resolver dúbidas e descubrir como é o día a día do colexio, desde a atención ao alumnado máis pequeno ata os servizos complementarios que se ofrecen ás familias.

As portas abertas, xa anunciadas previamente, celebraranse os venres 20 de febreiro e 6 de marzo, ás 16:00 horas, na biblioteca do centro, con inscrición previa.

Ademais, adiantaron algunhas novidades para o vindeiro curso, como a incorporación dun auxiliar de conversa en inglés a partir de 1º de Primaria. O colexio conta tamén con servizos de madrugadores e tardíos, comedor escolar e departamento de orientación, e acolle alumnado desde a Escola Infantil ata a ESO, apostando por unha educación próxima, de calidade e adaptada ás necesidades de cada neno e nena.

Convidamos a todas as familias interesadas a escoitar a entrevista e, sobre todo, a visitar o centro para coñecernos persoalmente.

Podedes escoitar a entrevista na seguinte ligazón: Portas abertas