Entrega de Orlas 4º ESO.

O mércores, 21 de xuño, celebramos a despedida dos nosos alumnos e alumnas de 4º da ESO. Os seus titores, Carlos e Alfonso, dixéronlles unhas palabras de cariño e bos consellos para a nova etapa que comezan nas súas vidas. Entregáronlles as orlas e Aitana leeu unhas dedicatorias para o noso cole e os profes de parte do alumnado da ESO. Logo houbo uns petiscos para que todos os asistentes poideran disfrutar un ratiño xuntos. Desexámoslles moita sorte na súa nova experiencia, fora do noso colexio onde levan tantos anos e que saiban que os levaremos no noso corazón e aquí serán benvidos.