Educación Vial en Educación Infantil.

En Educación Infantil tiñan pendente do trimestre pasado unha serie de actividades de Educación Vial para reforzar os aspectos traballados nas clases. Esta semana Protección Civil preparou no pabillón do centro un suposto circuito urbano para bicis e patinetes con señais, pasos de peóns, unha rotonda… non faltaba nada!

Ademáis de pasalo xenial @s nen@s aprenderon un montón. Podedes ver todas as fotos no blog do ciclo: Blog Infantil.