Educación Infantil coa Educación Viaria.

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos ao longo da semán (do 19 ao 23) realizamos unha serie de actividades sobre a Educación Viaria.
Lemos contos nas aulas, visualizamos películas, visitounos a Policía Local e Protección Civil cos seus coches, os nenos e nenas de 4 anos realizamos un circuito no Salón de Actos coas nosas bicis e patinetes…
As saídas programadas tivémolas que suspender por causas metereolóxicas, pero en breve realizaremos a de 5 anos ao Parque de Educación Viaria de Barallobre.