Día do Medio Ambiente en 3º Ciclo Primaria.

Os nenos, nenas e mestres de 3º ciclo de Educación Primaria; decidimos disfrutar da celebración do Día do Medio Ambiente realizando  unha saída polo noso contorno. Saímos cedo do colexio con destino ao peirao de Perlío onde embarcamos nunha lancha para dirixirnos a Mugardos.

 Dende Mugardos, fumos camiñando ata a praia de Chanteiro, vendo lugares moi fermosos da nosa comarca: Castelo da Palma e San Felipe, entrada da Ría, as baterías,….

Despois desta camiñata, tocou darnos un baño na fermosa praia de Chanteiro e tomar un baño de sol. Para despois xantar todos xuntos. E volta cara Mugardos, pero desta vez, subimos cara Montefaro, para volver a Perlío. Foi un bonito pero longo paseo.

Galería de Imaxes.