Día do Medio Ambiente 2013-14.

O pasado xoves, 5 de xuño do 2014, o Colexio celebrou o Día do Medio Ambiente, realizando diversas actividades. Cada curso organizou as súas propias actividades de aula como plantacións, murais,entrega de premios dos concursos,…

Ademáis realizamos unhas actividades conxuntas que consistiron: nunha charla e solta de aves, contando coa colaboración do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros, onde o seu veterinario nos explicou a súa labor en favor do medio.

Outra das actividades que fixemos foi unha Mostra da Arte da Cetrería, onde un neno do cole, nos ensinou as súas dúas aguias de Harrys e nos deleitaron cunhos voos das mesmas.

 Galería de Imaxes.