Día das Enfermidades Raras 2016.

O Día das Enfermidades Raras 2016 ten o lema ” A Voz do Paciente “, para atraer a un público máis amplo, e recoñece o papel crucial dos pacientes para expresar as súas necesidades , así como a investigación para promover a mellora da calidade das súas vidas e das súas familias e coidadores.Nós, o Colexio Jorge Juan, incluímonos nese público que buscan e nos unimos á comunidade das enfermidades raras.Animámosvos a que vos unades a nós para facer que a voz das enfermidades raras se escoite.