Día da Paz 2017.
O pasado luns, 30 de Xaneiro, os nenos e nenas do noso colexio celebramos o Día Internacional da Paz, e como tódolos anos ademais das distintas actividades realizadas por cada curso na aula, fixemos unha actividade conxunta, que consistiu en realizar ó simbolo da Paz, onde participaron todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.
Ademais este ano, como novidade aproveitamos para entregar os carnets de tutores e tutorizados, aos alumnos/as de 3º e 5º de Educación Primaria, correspondentes ao novo proxecto no que está a traballar o noso Colexio, trátase do Proxecto TEI (Tutorias Entre Iguais).