Despedimos o Entroido

Despois de celebrar e gozar das festas de Entroido, chegou o momento da súa despedida, arredor da actividade que simboliza o final do Entroido, a queima do Meco, organizamos moitas outras que puxeron fin, do xeito que se merece, a este tempo de diversión e troula.
O Meco é unha parte integral das celebracións do Entroido. Representase habitualmente como un boneco grande e grotesco, relacionouse este ano coa Proxecto de Centro: O bosque animado. Simboliza todo aquilo que se quere deixar atrás co remate do Entroido, e a súa queima marca o final das festividades e o comezo dun novo ciclo.
Durante os días previos á festa, o alumnado foi cumprindo cos mandatos do Meco, seguindo as súas ordes divertidas e creativas. Dende vir ao colexio en pixama ata lucir sombreiros extravagantes, o alumnado seguiu con entusiasmo esta tradición, preparando o terreo para a gran festa que estaba por vir.
Na nosa celebración para despedir o Entroido, participamos en actividades tradicionais, sumándose á enerxía e ao espírito festivo que caracteriza esta época do ano. Entre as actividades realizadas destacaron:
Chocolatada: Para empezar a festa con bo pé, compartimos unha deliciosa chocolatada, que encheu de calor e alegría os corazóns de grandes e pequenos.
Festa de Disfraces: O alumnado acudiu ao centro disfrazado de xeito libre. Desde superheroes e princesas ata personaxes de contos e películas, todos contribuíron a crear un ambiente colorido e divertido.
Desfile de Disfraces: Nun desfile cheo de música e risas, os participantes tiveron a oportunidade de lucir os seus disfraces diante de todo o cole, compartindo as súas creacións e contaxiando o espírito festivo a todos os presentes.
Queima do Meco: Como colofón da festa, procedemos á queima do Meco. Neste momento simbólico, despedímonos dos aspectos negativos ou indesexables do pasado e abrimos paso a novas oportunidades e experiencias. A queima do Meco foi un acto cargado de emoción e significado para toda a comunidade educativa do Colexio Jorge Juan.
A festa do Entroido foi outro éxito grazas ao que máis caracteriza ao noso colexio, á participación entusiasta de todos os membros da comunidade educativa.
Galería de imaxes queima do Meco
Galería de imaxes (Escola Infantil)
Galería de imaxes (Educación Infantil)