Despedida do Entroido

O pasado 19 de febreiro, o Colexio Jorge Juan de Perlío puxo fin ás celebracións do entroido cunha xornada chea de alegría e diversión. O alumnado chegou ao centro cos seus disfraces máis creativos, enchendo o colexio de cor e bo ambiente dende primeira hora.
A mañá continuou cunha chocolatada e co agardado concurso de disfraces, no que non faltaron a imaxinación nin as risas. Como é tradición, a festa rematou coa queima do Meco.
Un día de convivencia e festa para despedir o Entroido por todo o alto.






