Convocatoria fondo de libros e axudas para libros e material escolar Curso 2017/2018.
Estimados pais/ nais/ titores:
Infomámoslles que se abre o prazo de solicitude das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2017-2018.
– Destinatarios:
- Todo o alumnado que no curso 2017-2018 vaia a cursar Educación Primaria ou Educación Secundaria Obrigatoria.
– Convocatoria:
- Axudas para a adquisición de libros de texto: Para 1º e 2º de EP
- Solicitude para o Fondo Solidario de Libros de Texto: Para 3º. 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria.
- Axudas para adquirir material escolar: Para o alumnado matriculado en EP e ESO.
– Prazo de solicitude:
Dende o día 23 de Maio ata o 23 de Xuño de 2017
– Obrigas dos beneficiarios, segundo o artigo 5 da orde do 16 de Maio de 2017
1.- Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2016/17. Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP e o alumnado de NEE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2017/18. 2.- Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2017/18 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso. 3.- Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado. 4.- Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite. 5.- Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. |
– Máis información:
– Na Secretaría do centro.
– Prazo de solicitude:
Dende o día 23 de Maio ata o 23 de Xuño de 2017