Continuamos Traballando co Proxecto TEI.
O alumnado de 3º e 5º de primaria, sigue formándose e traballando de modo cooperativo no proxecto TEI, aproveitando o venres da chocolatada para facer xogos de cohesión.
Ó longo desta xornada estes alumn@s desfrutaron con dous xogos moi divertidos, que requerían un traballo en equipo e unha organización conxunta.
Un dos xogos foi o de “Pes atados “, que mediante parellas TEI, e cos pes atados, tiñan que realizar un circuito sen caer. Esta actividade íase complicando atando pouco a pouco máis parellas, ata finalizar con todo o grupo unido polos pés e camiñando xuntos sen caer. Un estupendo traballo de equipo e coordinación.
O outro xogo foi o de “En forma de… “, no que as parellas TEI tiñan que facer as letras indicadas polos mestres no menor tempo posible. Rematou a actividade formando entre todo o grupo a palabra TEI, no que ningún membro do grupo podía quedar sin formar parte da palabra. Nesta actividade a axilidade mental, o traballo en equipo e a cooperación fixeron que se acadase o obxectivo.
Noraboa polo voso traballo e…. a seguir traballando xuntos!!!