Conferencia “Día das Letras Galegas 2015”.

O xoves,  7 de maio de 2015, no C.C.R e D. de Perlío, os alumnos de 4º e 5º de Educación Primaria do noso Colexio, participaron nunha conferencia sobre X. F. Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano no “Día das Letras Galegas”. A conferencia correu a cargo de Alexendre Ripoll, onde nos achegou datos sobre a vida deste autor galego, e os nosos nen@s colaboraron coa lectura de varios fragmentos da súa obra.