Coñecendo os castiñeiros
Coa chegada do outono, o tempo das castañas e os magostos, o alumnado de primeiro e segundo de primaria achegouse ao horto do noso colexio para poder ver de cerca os castiñeiros.

Alí fixemos a merenda, puidemos coñecer ben como son os castiñeiros e tamén apañar algunhas castañas.
Foi unha visita curta pero moi interesante.