Colaboración con Global Humanitaria.

Estimados pais/nais/titores:
Dende o Centro e dando continuidade o noso proxecto de solidariedade ,colaboraremos coa ONG Global Humanitaria nunha campaña de recollida de roupa e calzado usado.
A tal efecto, dende o centro escolar poñemos a vosa disposición unhas bolsas específicas facilitadas pola ONG para que aquelas familias que o desexedes, poidades participar sen ningún tipo de compromiso engadido.
A data de devolución destas bolsas no centro escolar será o 25 de outubro.
Un saúdo
Os Mestres do Colexio Jorge Juan
Rogamos nos comuniquedes cantas bolsas necesitades.