Circular da ANPA
Queridos pais, nais e titores:
Dende a ANPA vemos este curso con preocupación e contámosvos que as actividades extraescolares que se estaban a desenvolver pola nosa parte non se levarán a cabo este ano.
Tomamos esta decisión porque nos parece demasiada responsabilidade deixar nas mans dos monitores a desinfección e o estrito protocolo Covid que se debería seguir nestas actividades. Polo tanto, para a seguridade dos nosos fillos, agardaremos ata que se poida garantir esa protección e mellorar as cousas para poder ofertar actividades.
Por outra banda, dende que entrou esta directiva, intentamos comunicarnos con vos e fixémolo por circulares, por grupos wasap, por correo electrónico e cun horario amplo de atención na oficina, pero debido ás circunstancias que estamos a vivir, non será posible manter a reunión anual obrigatoria (ou calquera outra extraordinaria) cos pais en persoa e aínda non temos claro como funcionará a oficina, así que poden poñerse en contacto connosco polos seguintes medios: por WhatsApp no teléfono 626 263 015 , por correo a ampajorge.perlio@gmail.com, en Telegram a través da canle Anpa CPR Jorge Juan Perlio ou en Facebook como Anpa CPR Jorge Juan Perlio.
Do mesmo xeito, por estos mesmos motivos e en previsión do que poida ocorrer no curso, a nosa cuota convértese en 5 € que se poderá facer efectiva deixando un sobre no buzón da oficina indicando o nome dos nenos da familia e o curso de cada un ou mediante transferencia bancaria cos mesmos datos. Daremos a conta bancaria de prevención vía WhatsApp a quen o solicite.
Saúdos da xunta directiva da ANPA.