Circular ANPA e Inscripción Actividades Extraescolares curso 2016-2017

Estimados Pais/Nais/Tutores,

Poñémonos en contacto con vós para informarvos que se abre o período de inscrición á Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Colexio Jorge Juan. Recordámosvos a importancia da devandita asociación máis alá das actividades extraescolares, pois a ANPA organiza e colabora no colexio en distintas actividades ao longo do curso (Magosto, Letras Galegas, excursións, etc…). Ademáis durante o presente curso irémosvos informando de talleres e actividades puntuais que dende a asociación se vaian propoñendo. A continuación presentámosvos a oferta das actividades extraescolares para o curso 2016/17.

Actividades para o curso 2016-2017.