Chocolate e churros para tod@s.
Hoxe, os nosos nenos e nenas do Colexio, dende a Escola Infantil ata ESO, levaron unha doce sorpresa. Os donos da nova cafetería “Arrecendo” tiveron o detallazo de convidarnos, debido a súa próxima apertura, cun vaso de chocolate e unha proba dos deliciosos churros, que a partir do xoves comezarán a servir na citada cafetería situada na Avenida do Tarrio. Dende o Colexio queremos agradecer o gran detalle en nome dos rapaces e rapazas e no noso propio. Moitas grazas e esperamos prosperidade para o voso negocio.