Charlas sobre actividade física, nutrición e saúde

Charlas sobre actividade física, nutrición e saúde

A semana pasada tivemos o pracer de recibir no noso colexio a Álvaro Rey, especialista en actividade física e saúde. Durante a súa visita, levou a cabo charlas adaptadas a todos os niveis de Educación Primaria e Secundaria, tendo en conta as necesidades e características específicas de cada grupo de idade.

Esta actividade enmárcase no Proxecto de Centro deste ano: A Educación para a Saúde. Non tería sido posible sen a axuda e entrega desinteresada de Ávaro Rey, dende esta páxina queremos agradecerlle a súa implicacion na promoción da saúde, e en particular a labor divulgativa e educativa que fixo no noso colexio. Grazas, Álvaro!

Compartimos algúns dos puntos clave tratados nas diferentes sesións: