Charla sobre a protección solar no Colexio Jorge Juan

Charla sobre a protección solar no Colexio Jorge Juan

O alumnado de primeiro e segundo de Primaria participou recentemente nunha interesante charla sobre a protección solar, organizada dentro do proxecto de centro deste ano: A educación para a saúde.

A encargada de impartila foi a farmacéutica Yolanda García Montaña, que nos visitou para explicar a importancia de coidar a nosa pel fronte á exposición solar. Falounos dos riscos que pode ter o sol para a saúde, e de como podemos protexernos axeitadamente mediante o uso de cremas solares, lentes de sol, gorras e outros hábitos saudables.

O alumnado amosouse moi interesado no tema, participou activamente facendo preguntas, contando as súas experiencias e dando a súa opinión. Ademais, a farmacéutica foi entrevistada pola nosa radio escolar, Radio Tarrío. Podedes escoitar a entrevista feita por Lola e Lía nesta ligazón:

🎧 Entrevista en Conexión Tarrío

Queremos agradecer especialmente a colaboración de Yolanda García Montaña pola súa implicación e profesionalidade, e por axudarnos a aprender máis sobre como coidar da nosa saúde tamén nos días de sol.