Charla Francisco Vizoso Piñeiro.

Onte, día 23 de febreiro, dentro das actividades programadas no 50 Aniversario, tivemos o inmenso pracer de contar coa visita do doutor, ciruxano, investigador, … D. Francisco Vizoso Piñeiro, antigo ex-alumno do noso colexio cando o centro comezaba a súa andanza; ao longo da mañá, en dúas sesións,  falou aos nenos e nenas, dende 4º de Educación Primaria ata os rapaces e rapazas de 4º da ESO, sobre a investigación científica.
Nesta charla tan interesante,  explicounos os grandes avances e descubrimentos realizados polo seu equipo de investigadores, no campo da medicina rexenerativa, así como as  súas posibilidades de  aplicacalas para curar diversas patoloxias, partindo de células nais procedentes do útero. Foi unha charla moi intersante, na que creo que todos e todas, dende os máis pequenos ata os maiores, aprendimos cousas sobre a necesidade de investigar para a cura de enfermidades.

Por último, agradecer a D. Francisco Vizoso Piñeriro a súa visita e a cercanía que tivo con nenos e nenas así como cos mestres. Moitísimas grazas.

Galería de Imaxes.