Charla de Javier Cristobo

Contaminación ríos, mares e perigos dos microplásticos
Hoxe, 10 de novembro, enmarcado no proxecto Voz Natura, o Colexio Jorge Juan de Perlio tivo o pracer de recibir ao reputado biólogo e científico mariño, Javier Cristobo. Ofreceunos charlas educativas en sesións diferenciadas para Educación Secundaria, Infantil e os distintos ciclos de Primaria.
Javier Cristobo é director do Centro Oceanográfico no Instituto Español de Oceanografía e sensibilizou ao noso alumnado sobre a importancia de protexer os océanos. A súa charla, titulada “Contaminación ríos, mares e perigos dos microplásticos”, foi adaptada á idade de cada grupo para garantir unha experiencia educativa enriquecedora.
Agradecemos a Javier Cristobo a súa dedicación e compromiso en compartir o seu coñecemento coa nosa comunidade escolar. A súa colaboración contribúe significativamente á formación dunha xeración consciente e responsábel no coidado do noso medio ambiente mariño.
Galería de imaxes de Educacion Infantil
Galería de imaxes primeiro ciclo de E. Primaria
Galería de imaxes segundo ciclo de E. Primaria
Galería de imaxes terceiro ciclo de E. Primaria
Galería de imaxes Educación Secundaria
Tamén podedes ver imaxes e videos no canle de colexio en Instagram