Celebración do Samaín e Magosto

Celebración do Samaín e Magosto

Hoxe, o Colexio Jorge Juan encheuse de sustos, risas e tradición coa celebración do Samaín. Esta festividade, de orixe celta, marca o cambio de estación e simboliza o momento no que a fronteira entre o mundo dos vivos e dos mortos se volve máis fina. En Galicia, o Samaín mantivo viva esta antiga tradición.

O colexio, decorado para a ocasión, converteuse nun espazo cheo de misterio e diversión. Contamos coa colaboración da ANPA, que volveu sorprender a todos co xa tradicional “Túnel do Medo”, unha experiencia terrorífica, pero emocionante.

Como parte da xornada festiva, celebrouse tamén un torneo de fútbol no pavillón, no que participou o alumnado de Secundaria.

Para completar o día, organizouse un magosto, no que todos puidemos gozar do sabor das castañas asadas, unha das tradicións máis queridas da nosa cultura.

Agradecemos á ANPA e a todo o profesorado a súa colaboración e esforzo, e ao alumnado e as familias a súa implicación e entusiasmo, que fixeron posible unha xornada tan especial.
Que todos tiverades un Samaín e Magosto cheos de alegría, tradición e boas lembranzas!