Celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

O Mércores, 5 de Xuño celébrase o Día Mundial do Medio. Outro ano máis o noso Colexio terá en conta esta celebración, concienciando aos rapaces e rapazas da necesidade de coidado do noso planeta.
O Día Mundial do Medio ten como lema este ano Piensa.Aliméntate.Ahorra, unha campaña para reducir os refugallos e as perdas de alimentos.


Piensa.Aliméntate.Ahorra, pretende darnos a coñecer o impacto que teñen as nosas decisións alimentarias e como tomalas 100% informados. – A campaña Piensa.Aliméntate.Ahorra quere animarnos a actuar. Quere que sexamos testemuña de como certas decisións reducen o volume de refugallos, aforran diñeiro e diminúen o impacto medio ambiental da produción de alimentos.

Pero, que significa tomar decisións informadas? Elixir aqueles alimentos cuxo impacto ao medio é menor, é o caso da comida orgánica na que apenas se usan produtos químicos. Ou adquirir produtos en mercados locais nos que se sabe que non foi necesario o transporte e polo tanto, non supuxeron tantas emisións de gas.

 En definitiva, trátase de que pensemos antes de alimentarnos e así aforremos para protexer o medio.

Fixemos unha merenda campestre todos os cursos de Educación Infantil e Primaria, ao lado do noso horto e cabana do Proxecto Voz Natura e posteriormente no patio un arco da vella con teas de cores. Tamén os nenos e nenas de 3º ciclo recibirán os premios dos concursos de fotografía e dos Hermanos Grimm. Tamén os nenos de 1º Ciclo de Educación Primaria acudiron ao horto para realizar unha plantación. As nenas e nenos de primeiro de primaria celebraron  o Día do Medio Ambiente transplantando na horta arbustos que tiñamos plantados en recipientes reciclados na aula.