Celebración do Día do Peón.

O pasado venres día 11 de Novembro, celebramos o Día do Peón, foi un día con moitas actividades. Comezamos aprendendo e practicando a lanzar o peón, poidemos ver como se fai un peón no torno, escoitamos a lectura do pregón a cargo de Ramón Loureiro, bailamos a “Canción do Peón”, seguimos xogando, poidemos ver unha exposición e realizar un obradoiro. E para rematar algúns rapaces nos fixeron unha demostracíón da súa habilidade co trompo.  Que máis podemos pedir.

A celebración do acto, realizouse no pavillón do noso Centro, onde participaron todos os nenos e nenas de Educación Primaria e Secundaria do noso Colexio. Aínda que a participación non rematou aquí, tamén nos acompañaron nenos e nenas de outros centros da comarca: Colexio Mosteiro de Caaveiro da Capela e Colexio de Esteiro en Ferrol.

Nesta celebración nos acompañaron e se sumaron ao xogo o Alcalde de Fene e varios concelleiros, tamén nos gustaría dar as grazas a todos os colaboradores deste acto. Para saber un pouco máis podedes premer nos seguintes nós:

Artigo do Diario de Ferrol.

Artigo La Voz de Galicia.

Galería de Imaxes.

Web do Concello de Fene.